viernes, 30 de diciembre de 2022

Agasallo de Córtex Rehabilitación

 A clínica de Córtex Rehabilitación Neurológica, ubicada en Tui, agasallou aos seus clientes con chocolate de Casa Museo de Teimende.



domingo, 13 de noviembre de 2022

A Casa Museo do Chocolate, protagonista dun traballo académico.

A Casa Museo do Chocolate volveu ás aulas. Esta vez foi da man de Laura Iglesias Polo, que fixo un traballo explicando as orixes da fábrica de chocolate "Caldelas", da familia Casares e a súa posterior conversión en Casa Museo, despois de que as herdeiras de Ricardo Casares, último chocolateiro da saga familiar, e propietarias da casa e a maquinaria, cederan o conxunto ó concello de Parada de Sil.

Tanto o contido como a exposición valéronlle á autora a mellor calificación. Así que parabéns para Laura!

Agasallo de chocolatinas na casa rural de Niñodaguia.

A casa de turismo rural de Niñodaguia, agasallou aos seus clientes con chocolatinas da Casa Museo de Chocolate de Teimende, contribuíndo así a espallar os recursos turísticos e lugares de interés na Ribeira Sacra. Os afortunados, seguro que agradeceron o presente ó tempo que saborearon e apreciaron o arrecendo do chocolate de Teimende. 

miércoles, 5 de octubre de 2022

As chocolatinas como agasallos de voda.

 Na voda de Alberte e Cristina agasallaron aos invitados con chocolatinas da Casa Museo do Chocolate de Teimende. Agasallos doces!!!!




domingo, 7 de agosto de 2022

Os nenos do campamento de Parada de Sil visitan a Casa Museo de Teimende

Unha das actividades que fixeron os nenos e nenas do campamento de Parada de Sil foi visitar  a Casa Museo do Chocolate para coñecer os ingredientes necesarios,  a súa elaboración así como as máquinas que se empregaban para levar a cabo o proceso.  A visita foi levada a cabo por Loli Casares que ao rematar agasallounos con chocolate.




 

viernes, 8 de julio de 2022

Teo agasallou con chocolate de Teimende ós invitados á sua primeira comunión en Vigo.

Teo vivíu a súa primeira comunión en Vigo como unha festa grande na que participaron os seus pais, irmáns, avós e demais familiares, ademais dun bo grupo de amigos. Houbo festa  especial con xantar,  xogos e diversión a esgalla e tamén un agasallo especial para os invitados, que poideron degustar chocolatinas da Casa Museo do chocolate de Teimende. Seica foi unha das larpeiradas preferidas polos presentes. Parabéns para Teo e os seus.



martes, 31 de mayo de 2022

Visita á Casa Museo do Chocolate.

 O alumnado de 1º e 2º do CEIP plurilingüe de Seixalbo, visitou a  Casa Museo do Chocolate. Viron os ingredientes do mesmo así como as fases de elaboración. Remataron cunha pequena degustación de chocolate.







domingo, 22 de mayo de 2022

Anoitecendo no colmear

 Un día de maio, campo moi florido, anoitecendo no colmear con ese ceo precioso. Da gusto ver cómo traballan as abellas entrando cargadas de polen.


domingo, 17 de abril de 2022

O colexio de Salesianos de Ourense visita a casa museo de chocolate.

 Un grupo numeroso de alumnos/as de 3º  xunto cos seus mestres, visitaron a casa museo de chocolate, onde puderon ver as máquinas así como a materia prima necesaria para a elaboración do mesmo.


Empezamos nova tempada

 Comezamos unha nova tempada. Chega a primavera, as flores e as abellas empezan a traballar.


domingo, 27 de marzo de 2022

Un libro conta a historia do chocolate e do último chocolateiro de Teimende.

Baixo o título de "A fábrica de chocolate en Teimende" José Luís Fernández Carnicero, o seu autor, conta a historia da empresa Casares e os Chocolates Caldelas en Teimende, a través do fío conductor que vai suxerindo a documentación de todo tipo manexada, correspondente ao legado de Arturo Casares e, sobre todo, ao seu fillo Ricardo, que foi artífice de boa parte da traxectoria desta iniciativa singular iniciada a últimos do século XIX, aínda que os papeis conservados corresponden íntegramente ao século XX.

O traballo, publicado en castelán e galego-portugués, con tradución do profesor Alonso Estraviz, foi presentado no pobo de Teimende, con presencia de autoridades e personalidades, ademais do autor, así como Lola Prieto, viúva de Ricardo Casares, o último chocolateiro, e as súas fillas, Loli e Rosa, xunto con gran número de veciños, testemuñas moitos deles da vida da fábrica e os seus protagonistas.






Houbo unha segunda presentación no Liceo de Ourense, tamén moi concurrida e solemne, na que esta vez  interviu en nome da familia Rosa Casares.






Entre as cuestións destacadas polo autor figura "a honestidade de Ricardo Casares, que preferiu cesar na actividade que devaluar o produto", ademais de suliñar o mérito da experiencia da fábrica de chocolate como mostra de "emprendemento no mundo rural e a aposta polo bo facer "nun lugar e nun tempo de enormes dificultades de todo tipo"
As fillas pola súa parte puxeron de manifesto o "orgullo de ter doado a maquinaria e a casa da fábrica para que o legado do noso pai permaneza para a posteridade a través da Casa Museo de Chocolate, e tamén o orgullo de comprobar que o noso pai foi un visionario cando soñaba para Parada o futuro que hoxe empeza a ser realidade", segundo Loli Casares, en tanto que Rosa puxo o acento en que "Ricardo, o noso pai, vivíu con  tanta paixón a súa profesión, que aínda despois de pechar a fábrica seguía sentíndose  e identificándose  como chocolateiro", para rematar dicindo que "Ricardo vivíu cun sorriso nos beizos e coa alegría e a xenerosidade que o caracterizaron procurando facer comunidade. Non acadou bens materiais, pero sempre foi inmensamente rico en valores e principios".