A clínica de Córtex Rehabilitación Neurológica, ubicada en Tui, agasallou aos seus clientes con chocolate de Casa Museo de Teimende.
Páginas
viernes, 30 de diciembre de 2022
domingo, 13 de noviembre de 2022
A Casa Museo do Chocolate, protagonista dun traballo académico.
A Casa Museo do Chocolate volveu ás aulas. Esta vez foi da man de Laura Iglesias Polo, que fixo un traballo explicando as orixes da fábrica de chocolate "Caldelas", da familia Casares e a súa posterior conversión en Casa Museo, despois de que as herdeiras de Ricardo Casares, último chocolateiro da saga familiar, e propietarias da casa e a maquinaria, cederan o conxunto ó concello de Parada de Sil.
Tanto o contido como a exposición valéronlle á autora a mellor calificación. Así que parabéns para Laura!
Agasallo de chocolatinas na casa rural de Niñodaguia.
A casa de turismo rural de Niñodaguia, agasallou aos seus clientes con chocolatinas da Casa Museo de Chocolate de Teimende, contribuíndo así a espallar os recursos turísticos e lugares de interés na Ribeira Sacra. Os afortunados, seguro que agradeceron o presente ó tempo que saborearon e apreciaron o arrecendo do chocolate de Teimende.
miércoles, 5 de octubre de 2022
As chocolatinas como agasallos de voda.
Na voda de Alberte e Cristina agasallaron aos invitados con chocolatinas da Casa Museo do Chocolate de Teimende. Agasallos doces!!!!
domingo, 7 de agosto de 2022
Os nenos do campamento de Parada de Sil visitan a Casa Museo de Teimende
sábado, 16 de julio de 2022
viernes, 8 de julio de 2022
Teo agasallou con chocolate de Teimende ós invitados á sua primeira comunión en Vigo.
Teo vivíu a súa primeira comunión en Vigo como unha festa grande na que participaron os seus pais, irmáns, avós e demais familiares, ademais dun bo grupo de amigos. Houbo festa especial con xantar, xogos e diversión a esgalla e tamén un agasallo especial para os invitados, que poideron degustar chocolatinas da Casa Museo do chocolate de Teimende. Seica foi unha das larpeiradas preferidas polos presentes. Parabéns para Teo e os seus.
martes, 31 de mayo de 2022
Visita á Casa Museo do Chocolate.
O alumnado de 1º e 2º do CEIP plurilingüe de Seixalbo, visitou a Casa Museo do Chocolate. Viron os ingredientes do mesmo así como as fases de elaboración. Remataron cunha pequena degustación de chocolate.
domingo, 22 de mayo de 2022
Anoitecendo no colmear
Un día de maio, campo moi florido, anoitecendo no colmear con ese ceo precioso. Da gusto ver cómo traballan as abellas entrando cargadas de polen.
sábado, 30 de abril de 2022
jueves, 28 de abril de 2022
domingo, 17 de abril de 2022
O colexio de Salesianos de Ourense visita a casa museo de chocolate.
Un grupo numeroso de alumnos/as de 3º xunto cos seus mestres, visitaron a casa museo de chocolate, onde puderon ver as máquinas así como a materia prima necesaria para a elaboración do mesmo.
domingo, 27 de marzo de 2022
Un libro conta a historia do chocolate e do último chocolateiro de Teimende.
Baixo o título de "A fábrica de chocolate en Teimende" José Luís Fernández Carnicero, o seu autor, conta a historia da empresa Casares e os Chocolates Caldelas en Teimende, a través do fío conductor que vai suxerindo a documentación de todo tipo manexada, correspondente ao legado de Arturo Casares e, sobre todo, ao seu fillo Ricardo, que foi artífice de boa parte da traxectoria desta iniciativa singular iniciada a últimos do século XIX, aínda que os papeis conservados corresponden íntegramente ao século XX.