domingo, 24 de marzo de 2019

Visita ao cole dos Maristas en Ourense

O día 20 de Marzo, fomos ao cole dos Maristas para explicar a elaboración do chocolate na nosa fábrica e hoxe convertida en casa-museo de Teimende.
A explicación fíxose nos cursos de 1º e 2º, En breve visitarán a casa museo e poderán ver as máquinas que empregábamos para facelo.




martes, 12 de marzo de 2019

Visita ao CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Moi interesante resultou hoxe a xornada no CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Unha vez máis, o alumnado deste centro pudo coñecer os ingredientes que se necesitan para facer o chocolate e as máquinas que hai no museo de Teimende.
Moitas grazas a todo o alumnado e ao profesorado pola extraordinaria acollida.