O museo hoxe

O metate é unha pedra sobre a que se moen de xeito manual o millo e outros grans. En España empregábase para facer o chocolate á man.
                                 METATE FEITO CON MATERIAIS LIXEIROS PARA MUSEO



HISTORIA DO CHOCOLATE CALDELAS



O MUSEO HOXE
No 2013 a familia Casares Prieto cedeu ó concello de Parada de Sil a antigua fábrica dos Chocolates Caldelas (Industrias Casares) para convertela na primeira Casa Museo do chocolate de Galicia.
En maio de 2015 abriu as súas portas o público a Casa Museo do Chocolate de Teimende para dar a coñecer  non só o proceso de fabricación senón tamén os valores que impulsaron a evolución e o progreso da iniciativa ó longo da súa historia: a xenerosidade, o bo traballo, a colaboración, a capacidade de aprender e a progresiva incorporación de melloras no proceso de fabricación xunto coas  técnicas de promoción e marketing (innovación). 

             

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario