Páginas
- Quen somos
- Páxina principal
- Da fábrica a Casa do Chocolate
- A Casa do Chocolate hoxe
- O que se dí da Casa do Chocolate
- A historia do chocolate
- Promoción chocolate e mel
- O colmear
- O mel na historia
- Actividades relacionadas co mel
- Produtos da colmea
- Propiedades do mel
- Apicultura urbana
- A nosa cosmética.
- Contactos
- Explicación para o alumnado
- AS ABELLAS E O MEL.
martes, 14 de octubre de 2025
Representación dos Bolechas na casa do Chocolate de Teimende
O día 11 de Outubro houbo na Casa do Chocolate de Teimende unha actividade que consistíu na posta en escea sobre o libro dos Bolechas: "Lembranzas con sabor a chocolate".
Nesta teatralización participaron un grupo de actores aficionados así como nenos de Parada de Sil. Houbo dous pases: ás 12:00 e ás 17:00, onde se contaba as raíces aztecas do cacao, o seu camiño cara a Europa e a chegada do chocolate a Teimende da man de Pedro Casares.
miércoles, 8 de octubre de 2025
Lembranzas con sabor a chocolate.
Lembranzas con sabor a chocolate é o título do libro dos BOLECHAS, que conta a historia de fábrica de Chocolates Caldelas.
Lembranzas con sabor a chocolate en Tele Miño
Presentación do libro no Liceo de Ourense.
Visita á Casa do Chocolate da fundación Juan Soñador
O día 4 de outubro a fundación Juan Soñador visita a Casa do Chocolate. Foron recibidos polo alcalde de Parada de Sil e a continuación Rosa Casares explicoulles os ingredientes necesarios para a fabricación do chocolate, as máquinas necesarias e todo o que supuxo a fábrica para o pobo de Teimende. Ao rematar tomaron chocolate con galletas feitas artesanalmente nas que se podía ler Casa do Chocolate.
domingo, 28 de septiembre de 2025
Visita á Casa do Chocolate das primas de Parada de Sil
O día 21 de Setembro visitaron a Casa do Chocolate unhas primas de Parada de Sil que viñan acompañadas de familiares. A explicación foi feita por Loli. Todo un placer poder facelo.
miércoles, 17 de septiembre de 2025
Día mundial do chocolate.
O día 13 de setembro, celébrase o día mundial do chocolate e a Casa do Chocolate de Teimende celebrouno "a lo grande" co día de portas abertas e con degustación de chocolate e galletas. Houbo unha gran resposta por parte do público.
Cartel anunciando o día do chocolate
Extracción do mel 2025
Como en anos anteriores e unha vez finalizada a época do verán e da flor, recollemos o mel. Este ano foi o día 30 de agosto. Os pasos son sempre os mesmos: recoller os panais nas alzas das colmeas, desopercular, introducir na máquina de extracción do mel e deixar decantar antes de envasar.
miércoles, 20 de agosto de 2025
Visita á Casa do Chocolate
O día 19 de agosto, un grupo de amigos formado por 5 adultos e 4 nenos/as que viven a maioría en Barcelona visitan a Casa do Chocolate.
A explicación foi feita por Rosa e Loli. Coñeceron a procedencia da materia prima: o cacao e tamén as máquinas para a elaboración dos Chocolates Caldelas.
miércoles, 9 de julio de 2025
Celebración do día do Cacao
O día 6 de Xullo celebramos o día do Cacao na Casa de Chocolate de Teimende. Era un día de portas abertas con entrada gratuita e degustación de chocolate con galletas de castaña.
A celebración foi moi exitosa cunha gran afluencia de público.
lunes, 30 de junio de 2025
Experiencia apícola do CRA de Monterrei e o CEIP de Medeiros.
O día 13 de xuño, o CRA de Monterrei e o CEIP de Medeiros tuveron unha experiencia apícola na que coñeceron a importancia das abellas, a súa organización, unha cámara de cría e todos os aparellos precisos para a extracción do mel. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.

















































