Unha das actividades que fixeron os nenos e nenas do campamento de Parada de Sil foi visitar a Casa Museo do Chocolate para coñecer os ingredientes necesarios, a súa elaboración así como as máquinas que se empregaban para levar a cabo o proceso. A visita foi levada a cabo por Loli Casares que ao rematar agasallounos con chocolate.