Rosa e Loli entre chocolate e mel
Páginas
- Quen somos
- Páxina principal
- Da fábrica a Casa do Chocolate
- A Casa do Chocolate hoxe
- O que se dí da Casa do Chocolate
- A historia do chocolate
- Promoción chocolate e mel
- O colmear
- O mel na historia
- Actividades relacionadas co mel
- Produtos da colmea
- Propiedades do mel
- Apicultura urbana
- A nosa cosmética.
- Contactos
- Explicación para o alumnado
- AS ABELLAS E O MEL.
lunes, 19 de octubre de 2026
domingo, 11 de octubre de 2026
A historia do Chocolate chega ao centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Dende a Casa do Chocolate de Teimende, realizamos unha visita o día 7 de outubro ao Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar para compartir, a través dunha pequena representación, a historia dos Chocolates Caldelas, recuperando lembranzas, tradición e parte do noso patrimonio chocolateiro.
Unha experiencia especial para acercar a historia do chocolate a outras persoas e manter viva a tradición que forma parte da nosa identidade.
Día Mundial do Chocolate
O día 12 de setembro, na Casa do Chocolate de Teimende celebramos o Día Mundial do Chocolate, disfrutando dunha xornada moi especial na que o sabor doce do chocolate uníuse á música e ó folclore da nosa terra, coa magnífica actuación do grupo folclórico SUASAIRAS.
Foi unha xornada de portas abertas.Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e fixeron desta celebración un bonito encontro no que a tradición, cultura e chocolate foron os grandes protagonistas.
domingo, 23 de agosto de 2026
O traballo das abellas
Detrás de cada tarro de mel hai un traballo de miles de abellas. Cuidalas é cuidar a natureza, as flores e a vida que nos rodea.
O mel é un regalo do seu traballo, un alimento natural que nos lembra a importancia de coidar e respectar a estos pequenos insectos que manteñen viva a natureza.
viernes, 21 de agosto de 2026
Os Noviños do Sil visitan a Casa do Chocolate.
jueves, 9 de julio de 2026
Día Mundial do Cacao
Con motivo do día mundial do Cacao, a Casa do Chocolate de Teimende acolleo unha representación especial na que mostrou a historia do cacao e a transformación en chocolate. A través dunha posta en escea amena e educativa, os asistentes puderon coñecer a orixe deste produto, a súa importancia cultural e o proceso de elaboración do chocolate.
A actividade despertou o interese de pequenos e maiores, convertíndose nunha experiencia divertida e enriquecedora para todos e todas.























