Mostrando entradas con la etiqueta Experiencia apícola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experiencia apícola. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de mayo de 2026

BICOS DE PAPEL e experiencias co mel

O día 25 de Abril pola tarde,  BICOS DE PAPEL, asociación de axuda ós nenos oncolóxicos, disfrutaron doutro espazo moi especial relacionado co MEL, onde puderon descubrir de forma divertida o mundo das abellas e como se elabora este doce alimento. Puderon vestirse co traxe de apicultor, coller o afumador ou calquera outro utensilio empregado  para sacar o mel.

Remataron cunha degustación de mel e facendo unha vela sinxela.





lunes, 30 de junio de 2025

Experiencia apícola do CRA de Monterrei e o CEIP de Medeiros.

 O día 13 de xuño, o CRA  de Monterrei e o CEIP de Medeiros tuveron  unha experiencia apícola na que coñeceron a importancia das abellas, a súa organización, unha cámara de cría e todos os aparellos precisos para a extracción do mel. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.








Experiencia apícola do CPI Terras de Maside.

O alumnado do CEIP  Terras de Maside coñeceron o mundo das abellas: a súa importancia, como se distribuen,  os produtos que obtemos delas, as  propiedades do mel, a cámara de cría e todos os utensilios precisos para a extracción do mesmo.

Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.




Visita á unitaria de Taboadela

O día 11 de xuño fomos á unitaria de Taboadela que xunto co resto das unitarias fixeron o proxecto do mel. 

Explicamos as características das abellas, a súa importancia e como se distribuen. Puderon ver como é unha cámara de cría e todos os aparellos necesarios para facer este traballo. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.