Xornada fantástica no ceip plurilingüe pintor Laxeiro de Vigo o día 13 de Decembro, onde tuven a oportunidade de explicar ao alumnado de 1º e 2º os ingredientes e a elaboración do chocolate.
Páginas
- Quen somos
- Páxina principal
- Da fábrica a Casa do Chocolate
- A Casa do Chocolate hoxe
- O que se dí da Casa do Chocolate
- A historia do chocolate
- Promoción chocolate e mel
- O colmear
- O mel na historia
- Actividades relacionadas co mel
- Produtos da colmea
- Apicultura urbana
- A nosa cosmética.
- Contactos
- Explicación para o alumnado
- AS ABELLAS E O MEL.
miércoles, 25 de diciembre de 2024
viernes, 20 de diciembre de 2024
domingo, 17 de noviembre de 2024
Grupo de amigos de A Coruña
O día 16 de Novembro, un grupo formado por 50 persoas procedentes de A Coruña, visitan a Casa Museo do Chocolate de Teimende.
A explicación foi levada a cabo por Rosa Casares Prieto onde lles explicou a historia da fábrica, agora convertida en museo, os ingredientes e a fabricación do Chocolate Caldelas.
Explicación da elaboración do chocolate no cole de Vistahermosa
O día 15 e o día 22 de Novembro fomos ao cole de Vistahermosa para explicar os ingredientes e a elaboración do chocolate.
UN ACTOR INGLÉS AFINCADO EN GALICIA, VISITA A CASA MUSEO DO CHOCOLATE
AGalega fixo un documental sobre a zona da Ribeira Sacra na que tamén visita a Casa Museo do Chocolate.
O protagonista, un actor británico afincado en Galicia que visita a Ribeira Sacra, descubre lugares e secretos desta zonas; entre elas A CASA MUSEO DO CHOCOLATE de Teimende.
UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA (podes ver o vídeo neste enlace). Empeza no minuto 15:42
jueves, 17 de octubre de 2024
viernes, 27 de septiembre de 2024
lunes, 9 de septiembre de 2024
A volta ciclista pasa por Teimende
O día 29 de agosto, pasou a volta Ciclista de España por Teimende. Un bo momento para promocionar a Casa Museo do Chocolate vestidas cun disfraz de libras de chocolate.
domingo, 25 de agosto de 2024
Entrevista a Loli Casares no xornal VIDA
O día 14 de Xullo do 2024, no xornal VIDA, entrevistaron a Loli Casares que falou sobre a fábrica de Chocolates de Teimende, hoxe convertida en Casa Museo.
miércoles, 3 de julio de 2024
CONSTRUCCIÓN DE CERA ELABORADA POLAS ABELLAS
Visita ao colexio A Carrasqueira de Vigo
Rematamos o curso no Colexio A Carrasqueira de Vigo, onde o alumnado de 5º e 6º de EP pudo coñecer a procedencia do cocao, os ingredientes para a fabricación do chocolate e as máquinas que se empregaban para a súa elaboración. Todo esto pode visitarse na Casa Museo do Chocolate de Teimende.
lunes, 17 de junio de 2024
CPI DE TABOADA
O chocolate é un derivado do froito da árbore do cacao e o alumnado do CPI de San Tomé do Carballo de Taboada puderon coñecer, tocar, ulir...os ingredientes e os pasos necesarios para a elaboración do chocolate e saborearon, ao finalizar, unha chocolatina da Casa Museo do Chocolate de Teimende.
domingo, 16 de junio de 2024
Alumnado do cole de Toén
O día 7 de xuño, o alumnado do CEIP Saco e Arce de Toén, disfrutaron dunha xornada sobre os ingredientes e a elaboración do chocolate Caldelas, hoxe Casa Museo do Chocolate de Teimende.
Puderon degustar a pasta de cacao e logo unha chocolatina.
martes, 4 de junio de 2024
Colexio CEIP de Seixalbo
O alumnado de 2º e 1º de EP tuveron unhas charlas sobre os ingredientes e a elaboración do chocolate. Coñeceron as diferentes máquinas que hai na Casa Museo de Teimende e visualizaron un pequeno vídeo sobre o mesmo.
Remataron coa degustación dunha chocolatina.
jueves, 30 de mayo de 2024
Alumnado do CEIP As Mercedes
Theobroma cacao, é o nome científico que recibe a árbore do cacao, ingrediente principal para facer o chocolate.
Todo esto e máis, foron o que aprenderon o alumnado de 3º de EP e os de 6º de EI do CEIP As Mercedes de Ourense. Ao remate desgustaron unha chocolatina da Casa Museo do Chocolate.
domingo, 26 de mayo de 2024
Unha asociación de Chantada visita a Casa Museo do Chocolate
O día 18 de maio, unha asociación de Chantada, entre eles, un grupo de pandeireta, visitan a Ribeira Sacra e entre eles a Casa Museo. Puderon ver os ingredientes do chocolate, o funcionamento das máquinas e os pasos necesarios para a elaboración do mesmo.
lunes, 13 de mayo de 2024
A Casa Museo do Chocolate, no centro penitenciario de Pereiro.
Grata xornada a que compartimos cos internos no salón de actos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, a quenes lles explicamos a historia da vella fábrica de chocolate de Teimende (Parada de Sil), hoxe convertida na Casa Museo do Chocolate. Contamos como foron as súas orixes, os ingredientes utilizados na elaboración do produto, a maquinaria empregada, o procso de fabricación e comercialización, así como o que supuxo máis alá do negocio para o pobo e o seu entorno nun tempo cheo de dificultades e carencias socioeconómicas.
Queremos suliñar e agradecer o absoluto silencio e respecto amosado polo nutrido grupo de asistentes durante a exposición, que rematou coa entrega de chocolatinas para a súa degustación.
martes, 7 de mayo de 2024
Alumnado de 2º de EP do colexio de prácticas aprenden os ingredientes do chocolate.
Despois de coñecer os ingredientes para a elaboración do chocolate, o alumnado de 2º de EP do Colexio de prácticas visualizaron un vídeo das máquinas que hai na Casa Museo de Teimende. Puderon probar o cacao e remataron coa degustación dunha chocolatina.
O alumnado de 3º da ESO de Salesianos visita a Casa Museo do Chocolate.
O día 29 de abril, o alumnado de 3º da ESO, visita a Ribeira Sacra. A primeira parada é na Casa Museo do Chocolate de Teimende. Alí coñecen os ingredientes para a elaboración do chocolate, a historia da fábrica e observan o funcionamento das máquinas.
domingo, 28 de abril de 2024
Explicación da fabricación do chocolate no Colexio de Prácticas de Ourense.
O día 26 de abril, o alumnado de 4º de EP do colexio de prácticas de Ourense, coñeceron a procedencia do cacao, as mazorcas, a árbore do cacao e as súas características, así como os ingredientes necesarios para facer o chocolate. Probaron o cacao e remataron cunha chocolatina.