domingo, 28 de abril de 2024

Explicación da fabricación do chocolate no Colexio de Prácticas de Ourense.

O día 26 de abril, o alumnado de 4º de EP do colexio de prácticas  de Ourense, coñeceron a procedencia do cacao, as mazorcas, a árbore do cacao e as súas características, así como os ingredientes necesarios para facer o chocolate. Probaron o cacao e remataron cunha chocolatina.





domingo, 21 de abril de 2024

A asociación cultural Vía Vella visita a Casa Museo do Chocolate.

 A asociación cultural Vía Vella organizou unha viaxe de interese paisaxístico e cultural pola Ribeira Sacra. Non faltou a visita á Casa Museo de Chocolate onde puderon coñecer os ingredientes do chocolate así como o proceso de elaboración.



A casa museo do chocolate no programa "Cousas de comer"

 Dentro do programa "COUSAS DO COMER" falaron da fábrica de chocolates Caldelas, hoxe convertido en Casa Museo.

Empeza no minuto 20:20.

https://www.teleminho.com/video/cousas-de-comer/cousas-comer-94-24/20240411091553049186.html