domingo, 13 de noviembre de 2022

A Casa Museo do Chocolate, protagonista dun traballo académico.

A Casa Museo do Chocolate volveu ás aulas. Esta vez foi da man de Laura Iglesias Polo, que fixo un traballo explicando as orixes da fábrica de chocolate "Caldelas", da familia Casares e a súa posterior conversión en Casa Museo, despois de que as herdeiras de Ricardo Casares, último chocolateiro da saga familiar, e propietarias da casa e a maquinaria, cederan o conxunto ó concello de Parada de Sil.

Tanto o contido como a exposición valéronlle á autora a mellor calificación. Así que parabéns para Laura!

Agasallo de chocolatinas na casa rural de Niñodaguia.

A casa de turismo rural de Niñodaguia, agasallou aos seus clientes con chocolatinas da Casa Museo de Chocolate de Teimende, contribuíndo así a espallar os recursos turísticos e lugares de interés na Ribeira Sacra. Os afortunados, seguro que agradeceron o presente ó tempo que saborearon e apreciaron o arrecendo do chocolate de Teimende.