O que se dí do museo

O programa de Telemiño "Cousas do comer" fala da fábrica de chocolates Caldelas, hoxe convertida en Casa Museo.

Minuto 20:20


Reunión do Consello Asesor da Casa Museo do Chocolate o día 2 de Febreiro para dar luz verde ao plan museolóxico entre outros acordos. A reunión levouse a cabo no Concello de Parada de Sil coa asistencia de todos os membros.
Publicación do periódico "La Región".



Publicación do periódico "O SIL" da visita do alumnado de Maristas de Ourense á Casa Museo do Chocolate de Teimende.







A Casa Museo do Chocolate, protagonista dun traballo académico

O Casa Museo do Chocolate volveu ás aulas. Esta vez foi da man de Laura Iglesias Polo, que fixo un traballo explicando as orixes da fábrica de chocolate “Caldelas”, da familia Casares e a sua posterior conversión en Casa Museo, despois de que as herdeiras de Ricardo Casares, último chocolateiro da saga familiar, e propietarias da casa e a maquinaria, cederan o conxunto ó concello de Parada de Sil. Tanto o contido como a exposición valéronlle á autora a mellor calificación. Así que parabens para Laura¡










Un libro conta a historia do chocolate e do último chocolateiro de Teimende.







A escritora Raquel Piñeiro inclúe a Casa Museo do Chocolate de Teimende e á familia Casares na novela “Albania”, a súa ópera prima

A carballiñesa Raquel Piñeiro, afincada dende hai anos en Zaragoza, acaba de publicar a súa primeira novela, titulada “Albania”, que se atopa en fase de promoción e que está obtendo unha excepcional acollida entre os lectores. Trátase da ópera prima da autora, que aproveitou a trama narrativa para facer incursións en mundos distintos e distantes, que van dende a menesterosa Albania de finais do século XX, ao mar Adriático ou a O Carballiño, lugar de berce da escritora. Ese orixinal mundo de ficción acolle tamén a Casa Museo do Chocolate de Teimende e a parte da familia Casares, herdeira de Ricardo Casares e depositaria dunha actividade que marcou á saga durante máis dun século no corazón da Ribeira Sacra. Curiosamente, a familia Casares e o propio espazo museístico son alleos á sua presenza no escenario do fío argumental de “Albania”, froito do traballo de documentación da narradora e as suas vivencias. Finalmente, a casualidade, permitiu que Raquel Piñeiro poidese coñecer ás fillas do último chocolateiro de Teimende poidesen coñecerse e manter un grato e froitífero encontro, ampliando ideas e conceptos e explicando a orixe de cuestións que colmaron a inquedanza e curiosidade da novelista e que quedou inmortalizado para a pequena historia do Museo.


Programa "Fun polo aire". A pista empeza no minuto 41





A zona da ribeira Sacra conta cada vez con máis visitantes dado que existe gran cantidade de patrimonio material e inmaterial. 
Como patrimonio inmaterial destaca  a Casa Museo do Chocolate (antiga fábrica de Chocolates Caldelas).


A casa museo de chocolate recibiu, entre outros, o distintivo de calidade de actividade turística. Un recoñecemento que nos enche de satisfación e que non sería posible sen a boa xestión do equipo do concello.





No libro ALBANIA da escritora Raquel Piñeiro González tamén se fai referencia ao museo.
Tres personaxes: Alba, Jacques e Mark conforman os vértices dun triángulo sentimental. As súas historias entrelázanse por distintas zonas de Europa de finais so século XX.  Entre estas zonas está a Ribeira Sacra na que se atopa a casa museo de chocolate de Teimende.

En xuño de 1927 as nenas da escola de Parada de Sil visitan a fábrica de chocolate de Teimende.
Esta información está recollida no libro: Rosa Pons i Fábregas, unha mestra europea en Parada de Sil escrito por Xosé Manuel Cid Fernández.


O MUSEO DO CHOCOLATE NA TVG. Para velo pincha no enlace.
Na TVG e dentro do programa A REVISTA, aparece a casa museo de chocolate. 
Unha pequena historia da fábrica e un recordo ao noso pai.
Empeza no minuto 38 máis ou menos e remata no minuto 42.

O CHOCOLATEIRO DE TEIMENDE


"Hai que engadir valor ó patrimonio que é de noso", reitera Paco Magide, o mellor alcalde que pasou polo concello de Parada de Sil. Antes, foron os traballos arqueolóxicos da necrópole de San Vitor; axiña veu a vella fábrica da luz, transformándoa nun restaurante e albergue, mentres se construía unha pasarela de madeira de varios kilómetros á beira do canón do Mao. Agora, tocoulle á fábrica de chocolate de Teimende: chocolates exquisitos que recomendaba como menciña don Guillerme, o médico titular de Parada de Sil. Francisco Casares figura como tallista e mais escultor no censo de Ensenada de 1756. E disque partira de Cantabria cara Parada de Sil co encargo de tallar o retablo barroco do mosteiro de Santa Cristina, tomando casa e lareira en Fondodevila. Casimiro Casares, neto do escultor, foi concelleiro.

A fábrica parece que xurdiu nos finais do século XIX. Os promotores foron dous irmáns: Pedro (1865) e mais Antonio Casares, netos de Casimiro, o concelleiro. Logo, pasou a un herdeiro, Arturo, continuando a empresa familiar con Ricardo (1922), o fillo maior que se fixo cargo do negocio, sendo aínda un rapaz, por estar o seu pai afectado por unha doenza invalidante, sacando adiante non só á fabrica, senón ós pais e tamén ós irmáns pequenos, podendo afirmar que foi o pai dos seus pais. Xa casado con Lola Prieto, agora viúva, polos anos cincuenta e pico, renovou as instalacións, dotándoas coa maquinaria que requirían os tempos, contando xa coa electricidade da nova fábrica de luz do Mao: unha das primeiras da provincia. As fillas de Arturo e de Lola, Loli e mais Rosa, deixaron o fogar para estudar fóra, porén nas vacacións axudaban nas tarefas da elaboración do chocolate, gardando daquela etapa unhas doces lembranzas. Logo, veu a competencia das multinacionais coa incorporación de sucedáneos do cacao, elaborando un chocolate máis ruín, pero máis barato: entón, nin a maquinaria da fábrica era a idónea para traballar cos sucedáneos da manteiga de cacao, nin Ricardo, o Chocolateiro de Teimende, era capaz de ofrecer ós seus clientes gato por lebre, así que a fábrica de chocolate, de esmerada elaboración con cacao puro parou nos finais dos oitenta, coincidindo o seu peche coa xubilación da persoa que máis traballara por ela.

A familia Casares está moi ilusionada coa iniciativa da Alcaldía de Parada de Sil de transformar a súa vella fábrica na "Casa do Chocolate", aportando un grao de area á posta en valor do patrimonio do concello, ademáis de honrar a memoria dos devanceiros que tan duro traballaron para saíren adiante coa industria artesanal do chocolate.

Eduardo Prieto Casares.

Profesor, natural de Sacardebois (Parada de Sil)

 https://contosdaribeirasacra.blogspot.com/search?q=O+CHOCOLATEIRO





No hay comentarios:

Publicar un comentario