A nosa cosmética.



Para a cosmética empregamos productos  fabricados polas nosas abellas. 
Son totalmente 
naturais e artesanais,
sen ser sometidos a ningún proceso que altere as súas propiedades orixinais.
O mel
O uso do mel como produto curativo externo e interno coñécese o seu uso dende o antiguo Exipto. Os sabios gregos e romanos -como Galeno- utilizaban o mel como cosmético,  así como para curar feridas ou problemas de estómago. Tamén o usan os árabes dende a antigüidade . O seu uso foi común en case todas as culturas ata a introducción dos antibióticos que provocou o seu decaemento.
Dende o punto de vista cosmético ten fortes propiedades como antioxidante , antibacteriano (sobre todo os meles escuros e densos como o de castiñeiro) e cicatrizante.
O própole
No século XIX os habitantes do territorio que actualmente ocupa Sudáfrica utilizaban o própole para a curación de feridas. O própole son resinas producidas por algúns arbustos e árbores  para protexer as xemas do ataque de bacterias, fungos e insectos. As abellas recólleno, mestúrano con cera e úsano como elemento sanitario.
A cera
É unha graxa que provén da secreción de oito glándulas  ubicadas no abdome da abella. É cicatrizante, antiinflamatoria e protexe a pel. Ten un alto contido de vitamina A.
Está especialmente indicada para o coidado da pel seca e desvitalizada, xa que limpa, suaviza e alimenta a dermis previndo o avellantamento cutáneo.

Tamén se utiliza como excipiente en pomadas, cremas, xabóns e locións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario