Apicultura urbana

 A apicultura urbana é unha variante da apicultura que conta tamén cunha ampla tradición en Galicia. De feito, xa no ano 1601, Juan de Sanclemente inauguraba o Colexio de San Clemente de Pasantes, un imponente edificio, hoxe sede do  IES Rosalía de Castro de Santiago. Pois ben, neste edificio, a principios do século XVII,  xa se reservaron espazos para acoller as abellas. A actividade da apicultura urbana esmoreceu co paso do tempo, porén moitos destes espazos foron recuperados hai varios anos para permitir o retorno das abellas nos entornos urbanos.

A apicultura urbana estase impulsando en distintas cidades e países con fins terapéuticos, de procura do benestar e de retorno á natureza, ademáis de poder disfrutar dunha mel de calidade ó tempo que permite aportar un grao de area á ameaza mundial de desaparición das abellas, co grave problema que eso supón para os seres vivos, incluido os humanos. Hai que lembrar que as abellas son responsables da polinización de boa parte de árbores e prantas.

Nos espazos urbanos, as colmeas colócanse en tellados, xardíns ou patios. Esta actividade comezou a recuperarse nos Estados Unidos e logo foi estendéndose a outros países como Reino Unido -calcúlase que na cidade de Birmingham pode haber perto de 50.000 colmeas-, Francia -París conta con importantes experiencias- ou Alemaña, onde Berlín é a capital da apicultura urbana.

Desta forma, o que ata hai pouco era un mero pasatempo exótico para homes de certa idade, foise transformando paulatinamente nun entreteñemento para persoas cada vez máis xoves, moitas delas mulleres. Os afeccionados á apicultura urbana colocan colmeas nos xardíns, en balcóns ou nas terrazas dos tellados. Se Berlín leva a bandeira de capital da apicultura xermana, en Colonia a cifra de apicultores urbanos triplicouse en poucos anos e xa supera os 30. Os expertos apuntan que ademais dun divertimento ou unha moda, a apicultura urbana é unha especie de retorno da natureza á cidade.

Pero se hai un país europeo no que as abellas son protagonistas, ese é Eslovenia.

De feito, é famoso pola súa longa tradición apicultora, ata o punto de que o turismo esloveno, que aposta por un modelo sostible, ofrece a posibilidade de disfrutar dunha xornada xunto a experimentados apicultores que ensinan a historia desta curiosa técnica. Así, en moitos lugares do territorio esloveno é posible elixir actividades en torno a esta arte, como visitar o Museo da Apicultura en Radovljica, visitar granxas, castas de meles, apiarios ou degustar pratos elaborados con mel.

Pero a apicultura tamén se orienta a outros ámbitos como o do benestar, ca oferta de masaxes cas técnicas máis modernas pero cos produtos máis tradicionais como o mel. Incluso existe unha terapia relaxante baseada en escoitar o zumbido das abellas mentras se aplica a masaxe.


Para saber máis:

https://www.amexessentials.com/es/guia-apicultura-urbana/

https://apisurbis.cat/es/quienes-somos-apis-urbis/





No hay comentarios:

Publicar un comentario