jueves, 9 de julio de 2026

Día Mundial do Cacao

Con motivo do  día mundial do Cacao, a Casa do Chocolate de Teimende acolleo unha representación especial na que mostrou  a historia do cacao e a transformación en chocolate. A través dunha posta en escea amena e educativa, os asistentes puderon coñecer a orixe deste produto, a súa importancia cultural e o proceso de elaboración do chocolate. 

A actividade despertou o interese de pequenos e maiores, convertíndose nunha  experiencia divertida e enriquecedora para todos e todas.













 

Club de lectura Retahílas.

O  Club de lectura Retahílas da biblioteca Nós disfrutou o día 9 de Xuño dunha agradable visita á Casa do Chocolate, onde os seus integrantes descubriron a historia, o proceso de elaboración e as curiosidades deste apreciado produto. Foi unha xornada moi amena, chea de aprendizaxe, conversa e bos momentos compartidos nos que os libros e o chocolate uníronse para facer desta experiencia, un recordo moi especial.