O mel na historia

A aplicación do mel por parte da humanidade está enraizada na historia dende as culturas milenarias máis importantes ata a actualidade. O seu primeiro uso coñécese na Idade de Pedra como alimento e como edulcorante natural, manténdose como tal ata o inicio da produción industrial do zucre a partir da caña e a remolacha, desbancando así en gran medida o seu consumo para tal uso.

A evolución proporcionou outros usos para o mel. Así no antigo Exipto, por exemplo, utilizábase dende hai 3.000 anos na curación de feridas, para facer máscaras ou esculturas, mentres que no sector da perfumaría era apreciado para a elaboración de aceites. Na vella Grecia, hai 2.350 anos que Aristóteles empregaba o mel no tratamento de enfermidades do pulmón e corazón, afeccións intestinais ou feridas, ademáis de ser usado como purgante. Pola sua parte, na Roma de dous milenios atrás, Plinio e Galeno aplicábano como antiséptico na desinfección de feridas e para tratar problemas dixestivos, así como na elaboración de cosméticos.

Da importancia do mel da conta a súa presenza na Biblia e no Corán, recomendando o seu uso para a conservación da saúde e os alimentos.

Xa na Idade Media, no século XII, os médicos citan o mel como axente preventivo de enfermidades invernais, propiedades ás que se engade a súa capacidade afrodisíaca. A partir do século XVI a farmacopea adica un capítulo ao "mellitus" (xarope a base de mel e outras sustancias medicamentosas) e outro ao "ceratos" (unha mestura de cera e aceite para uso externo).

Pola sua banda derivados do mel como o própole, o pole e a xalea real comezan a utilizarse a partir do século XIX. Nesa primeira época, o própole tiña importancia como desinfectante, en tanto que o pole e xalea real suministrábanse aos enfermos para potenciar o seu sistema inmunolóxico.

A partir da Segunda Guerra Mundial, a introducción dos antibióticos provoca un importante decaemento do uso medicinal do mel. Na actualidade consúmese como alimento, como condimento alimentario e tamén como produto medicinal.

Máis información: 

 https://www.academiadefarmaciadearagon.es/docs/Documentos/Documento105.pdf

O noso pai, Ricardo Casares, sempre foi un home avanzado para o seu tempo. A sua cabeza andaba sempre dando voltas para atoparlle sentido á sua innata curiosidade. Por eso, ademáis de chocolateiro foi apicultor moderno cando o común era aproveitar o mel dos cortizos. O sentido da evolución levábao a dispor dos aparellos precisos para sacar o mel dos cadros de cera da sua propia produción e tamén a dos veciños. (Na fotografía, extraendo o mel para unha veciña). 


APICULTURA TRADICIONAL



AS ALBARIZAS:

As albarizas son recintos circulares ou ovalados cerrados e de certa altura, dotadas dunha entrada que se cerraba mediante unha sinxela porta de madeira.

As albarizas estaban feitas con lascas que se recollían nos arredores.

A superficie interna ordenábase en largas e estreitas terrazas escalonadas onde se colocaban as colmeas.

Abundan na serra do Courel.

Albariza do vello

Albariza da granxa (na serra do Caurel)

Porta de entrada á albariza da granxa 

Albariza cuadrada con colmeas na zona de Vilatuxe

Máquina de extracción do mel e colmea con tellado




No hay comentarios:

Publicar un comentario