Páginas

lunes, 30 de junio de 2025

Experiencia apícola do CRA de Monterrei e o CEIP de Medeiros.

 O día 13 de xuño, o CRA  de Monterrei e o CEIP de Medeiros tuveron  unha experiencia apícola na que coñeceron a importancia das abellas, a súa organización, unha cámara de cría e todos os aparellos precisos para a extracción do mel. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.








Experiencia apícola do CPI Terras de Maside.

O alumnado do CEIP  Terras de Maside coñeceron o mundo das abellas: a súa importancia, como se distribuen,  os produtos que obtemos delas, as  propiedades do mel, a cámara de cría e todos os utensilios precisos para a extracción do mesmo.

Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.




O CRA de Monterrei e o CEIP de Medeiros visitan a Casa do Chocolate.

O día 13 de xuño o alumnado do CRA de Monterrei e o CEIP  de Medeiros visitaron á casa de chocolate, onde viron os ingredientes necesarios para facer o chocolate e o funcionamento das máquinas para a súa elaboración.




Tuveron tamén unha experiencia apícola na que coñeceron a importancia das abellas, a súa organización, unha cámara de cría e todos os aparellos precisos para a extracción do mel. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.



 

Visita á unitaria de Taboadela

O día 11 de xuño fomos á unitaria de Taboadela que xunto co resto das unitarias fixeron o proxecto do mel. 

Explicamos as características das abellas, a súa importancia e como se distribuen. Puderon ver como é unha cámara de cría e todos os aparellos necesarios para facer este traballo. Vestíronse de apicultores e degustaron o mel.


domingo, 1 de junio de 2025

Agasallos

Bolsas de 3 chocolatinas personalizadas para unha casa de turismo rural.



sábado, 31 de mayo de 2025

O alumnado do colexio Terras de Maside visita a Casa do Chocolate.

O alumnado de 3º e 4º de primaria do colexio Terras de Maside, visitan a Casa do Chocolate, onde viron os ingredientes necesarios e as máquinas para facer o chocolate.
Aproveitaron tamén para coñecer a importancia das abellas, como se organizan, como se extrae o mel...Remataron cunha degustación do mesmo.




Centro de Educación Especial Miño

 O día 30 visitamos o CEE Miño de Velle. Unha nova experiencia con nenos e nenas que teñen moitas dificultades pero a través dos sentidos puderon descubrir o olor do cacao, tocar unha semente e degustar un trociño de chocolate.




viernes, 23 de mayo de 2025

Alumnado de Infantil do CEIP plurilingüe de Monforte

 O día 22 de maio foi a 4º e última xornada no CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos. Foi co alumnado de Educación Infantil que foron recibidos cun disfraz de chocolate. Todos os sentidos foron empregados nesta actividade. Rematamos cunha canción do chocolate e unha pequena degustación do mesmo. Unha actividade moi dinámica na que disfrutamos moito. GRAZAS!!!!


miércoles, 21 de mayo de 2025

Visita ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Bicos de Papel é unha asociación que brinda apoio á infancia oncolóxica de Galicia e ás súas familias. O día 21 de maio,  visitamos o hospital Álvaro Cunqueiro e estuvemos con estos nenos/as para axudarlles a pasar un ratiño diferente falando do chocolate e facendo xogos.






Visita do alumnado dos Salesianos

 O día 20, o alumnado de 3º da ESO dos Salesianos, visitaron a Casa do Chocolate de Teimende. A visita foi levada a cabo por Loli, onde puderon ver os ingredientes e a maquinaria que empregaban para facer o chocolate.



Seguimos en Monforte coa 3º xornada e nos cursos 1º e 2º

 O día 15 fixemos a 3º xornada co alumnado de  1º e 2º. Coñeceron os ingredientes básicos do chocolate, as máquinas para elaboralo pero tamén fixemos moitos xogos relacionados co chocolate.

domingo, 11 de mayo de 2025

2º xornada chocolateira no colexio de Monforte de Lemos

O día 8 de maio fixemos a 2º xornada chocolateira no CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos. Foi co alumnado de 3º e 4º, que mostraron  unha grande curiosidade e interese.







domingo, 4 de mayo de 2025

CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos.

O día 2 de maio visitamos o ceip plurilingüe de Monforte de Lemos e estuvemos co alumnado de 5º e 6º de E.P. para que coñeceran os pasos necesarios para e os ingredientes para facer o chocolate.





domingo, 13 de abril de 2025

Última xornada no Calvo Sotelo do Carballiño

O día 11 de abril rematamos co alumnado de 4º de EP. Ademais dos ingredientes do chocolate observaron a importancia do esforzo, la loita, da curiosidade... que se precisa para conseguir aquelo que queremos.



Visitamos ao alumnado de infantil do CPI Terras de Maside.

O día 10 de abril, os alumnos/as  de Educación Infantil coñeceron  as sementes do cacao , as mazorcas e realizaron moitos exercicios relacionados cos sentidos.