domingo, 27 de marzo de 2022

Un libro conta a historia do chocolate e do último chocolateiro de Teimende.

Baixo o título de "A fábrica de chocolate en Teimende" José Luís Fernández Carnicero, o seu autor, conta a historia da empresa Casares e os Chocolates Caldelas en Teimende, a través do fío conductor que vai suxerindo a documentación de todo tipo manexada, correspondente ao legado de Arturo Casares e, sobre todo, ao seu fillo Ricardo, que foi artífice de boa parte da traxectoria desta iniciativa singular iniciada a últimos do século XIX, aínda que os papeis conservados corresponden íntegramente ao século XX.

O traballo, publicado en castelán e galego-portugués, con tradución do profesor Alonso Estraviz, foi presentado no pobo de Teimende, con presencia de autoridades e personalidades, ademais do autor, así como Lola Prieto, viúva de Ricardo Casares, o último chocolateiro, e as súas fillas, Loli e Rosa, xunto con gran número de veciños, testemuñas moitos deles da vida da fábrica e os seus protagonistas.






Houbo unha segunda presentación no Liceo de Ourense, tamén moi concurrida e solemne, na que esta vez  interviu en nome da familia Rosa Casares.






Entre as cuestións destacadas polo autor figura "a honestidade de Ricardo Casares, que preferiu cesar na actividade que devaluar o produto", ademais de suliñar o mérito da experiencia da fábrica de chocolate como mostra de "emprendemento no mundo rural e a aposta polo bo facer "nun lugar e nun tempo de enormes dificultades de todo tipo"
As fillas pola súa parte puxeron de manifesto o "orgullo de ter doado a maquinaria e a casa da fábrica para que o legado do noso pai permaneza para a posteridade a través da Casa Museo de Chocolate, e tamén o orgullo de comprobar que o noso pai foi un visionario cando soñaba para Parada o futuro que hoxe empeza a ser realidade", segundo Loli Casares, en tanto que Rosa puxo o acento en que "Ricardo, o noso pai, vivíu con  tanta paixón a súa profesión, que aínda despois de pechar a fábrica seguía sentíndose  e identificándose  como chocolateiro", para rematar dicindo que "Ricardo vivíu cun sorriso nos beizos e coa alegría e a xenerosidade que o caracterizaron procurando facer comunidade. Non acadou bens materiais, pero sempre foi inmensamente rico en valores e principios".

No hay comentarios:

Publicar un comentario