domingo, 27 de marzo de 2022

Un libro conta a historia do chocolate e do último chocolateiro de Teimende.

Baixo o título de "A fábrica de chocolate en Teimende" José Luís Fernández Carnicero, o seu autor, conta a historia da empresa Casares e os Chocolates Caldelas en Teimende, a través do fío conductor que vai suxerindo a documentación de todo tipo manexada, correspondente ao legado de Arturo Casares e, sobre todo, ao seu fillo Ricardo, que foi artífice de boa parte da traxectoria desta iniciativa singular iniciada a últimos do século XIX, aínda que os papeis conservados corresponden íntegramente ao século XX.

O traballo, publicado en castelán e galego-portugués, con tradución do profesor Alonso Estraviz, foi presentado no pobo de Teimende, con presencia de autoridades e personalidades, ademais do autor, así como Lola Prieto, viúva de Ricardo Casares, o último chocolateiro, e as súas fillas, Loli e Rosa, xunto con gran número de veciños, testemuñas moitos deles da vida da fábrica e os seus protagonistas.






Houbo unha segunda presentación no Liceo de Ourense, tamén moi concurrida e solemne, na que esta vez  interviu en nome da familia Rosa Casares.






Entre as cuestións destacadas polo autor figura "a honestidade de Ricardo Casares, que preferiu cesar na actividade que devaluar o produto", ademais de suliñar o mérito da experiencia da fábrica de chocolate como mostra de "emprendemento no mundo rural e a aposta polo bo facer "nun lugar e nun tempo de enormes dificultades de todo tipo"
As fillas pola súa parte puxeron de manifesto o "orgullo de ter doado a maquinaria e a casa da fábrica para que o legado do noso pai permaneza para a posteridade a través da Casa Museo de Chocolate, e tamén o orgullo de comprobar que o noso pai foi un visionario cando soñaba para Parada o futuro que hoxe empeza a ser realidade", segundo Loli Casares, en tanto que Rosa puxo o acento en que "Ricardo, o noso pai, vivíu con  tanta paixón a súa profesión, que aínda despois de pechar a fábrica seguía sentíndose  e identificándose  como chocolateiro", para rematar dicindo que "Ricardo vivíu cun sorriso nos beizos e coa alegría e a xenerosidade que o caracterizaron procurando facer comunidade. Non acadou bens materiais, pero sempre foi inmensamente rico en valores e principios".

domingo, 12 de septiembre de 2021

Nova colleita

 Como cada ano e chegado o mes de agosto,  toca recoller o mel. O cambio climático tamén afecta a estos "animaliños " tan sensibles e eso repercute na colleita.






martes, 27 de julio de 2021

A escritora Raquel Piñeiro inclúe a Casa Museo do Chocolate de Teimende e á familia Casares na novela “Albania”, a súa ópera prima

 A carballiñesa Raquel Piñeiro, afincada dende hai anos en Zaragoza, acaba de publicar a súa primeira novela, titulada “Albania”, que se atopa en fase de promoción e que está obtendo unha excepcional acollida entre os lectores. Trátase da ópera prima da autora, que aproveitou a trama narrativa para facer incursións en mundos distintos e distantes, que van dende a menesterosa Albania de finais do século XX, ao mar Adriático ou a O Carballiño, lugar de berce da escritora. Ese orixinal mundo de ficción acolle tamén a Casa Museo do Chocolate de Teimende e a parte da familia Casares, herdeira de Ricardo Casares e depositaria dunha actividade que marcou á saga durante máis dun século no corazón da Ribeira Sacra. Curiosamente, a familia Casares e o propio espazo museístico son alleos á sua presenza no escenario do fío argumental de “Albania”, froito do traballo de documentación da narradora e as suas vivencias. Finalmente, a casualidade, permitiu que Raquel Piñeiro poidese coñecer ás fillas do último chocolateiro de Teimende poidesen coñecerse e manter un grato e froitífero encontro, ampliando ideas e conceptos e explicando a orixe de cuestións que colmaron a inquedanza e curiosidade da novelista e que quedou inmortalizado para a pequena historia do Museo.

viernes, 23 de julio de 2021

Visitan o museo nenos/as do campamento

 A semana pasada, un grupo de nenas/os dun campamento de Ourense, visitan a casa-museo do chocolate. Alí reciben unha explicación, da man de Fernando, da elaboración do chocolate, así como as diferentes máquinas que se empregaban para a fabricación dos chocolates "Caldelas". Remataron cunha degustación de chocolate.