A carballiñesa Raquel Piñeiro, afincada dende hai anos en Zaragoza, acaba de publicar a súa primeira novela, titulada “Albania”, que se atopa en fase de promoción e que está obtendo unha excepcional acollida entre os lectores. Trátase da ópera prima da autora, que aproveitou a trama narrativa para facer incursións en mundos distintos e distantes, que van dende a menesterosa Albania de finais do século XX, ao mar Adriático ou a O Carballiño, lugar de berce da escritora. Ese orixinal mundo de ficción acolle tamén a Casa Museo do Chocolate de Teimende e a parte da familia Casares, herdeira de Ricardo Casares e depositaria dunha actividade que marcou á saga durante máis dun século no corazón da Ribeira Sacra. Curiosamente, a familia Casares e o propio espazo museístico son alleos á sua presenza no escenario do fío argumental de “Albania”, froito do traballo de documentación da narradora e as suas vivencias. Finalmente, a casualidade, permitiu que Raquel Piñeiro poidese coñecer ás fillas do último chocolateiro de Teimende poidesen coñecerse e manter un grato e froitífero encontro, ampliando ideas e conceptos e explicando a orixe de cuestións que colmaron a inquedanza e curiosidade da novelista e que quedou inmortalizado para a pequena historia do Museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario