Un grupo de estudiantes universitarios de Michigan (EE.UU.), que se atopan en Ourense participando nun programa lúdico-formativo para aprender e familiarizarse co idioma español, visitaron o domingo o Museo do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, acompañados das familias que os acollen durante a sua estancia en Ourense. Alí recibiron información sobre a historia da antiga fábrica do chocolate sobre a que se asentou o actual museo, así como sobre a procedencia das materias primas que contiña o chocolate, así como sobre o proceso de elaboración do mesmo. A explicación correu a cargo de Rosa Casares, filla do último chocolateiro e unha das cesionarias do inmoble e a maquinaria da antiga fábrica ó concello de Parada para a sua conversión en casa museo.
Os alumnos escoitaron con interés a curiosa historia da fábrica e tamén do traballo para transformar o cacao e demáis ingredientes precisos en chocolate. Unha estudante contou que unha sua avoa, orixinaria de Jamaica, contaba como tamén o facía de xoven no seu país de xeito artesanal. Ó remate da visita, mercaron chocolate para levar para familiares amigos no seu país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario