O día 18 de maio, unha asociación de Chantada, entre eles, un grupo de pandeireta, visitan a Ribeira Sacra e entre eles a Casa Museo. Puderon ver os ingredientes do chocolate, o funcionamento das máquinas e os pasos necesarios para a elaboración do mesmo.
Páginas
- Quen somos
- Páxina principal
- Da fábrica a Casa do Chocolate
- A Casa do Chocolate hoxe
- O que se dí da Casa do Chocolate
- A historia do chocolate
- Promoción chocolate e mel
- O colmear
- O mel na historia
- Actividades relacionadas co mel
- Produtos da colmea
- Propiedades do mel
- Apicultura urbana
- A nosa cosmética.
- Contactos
- Explicación para o alumnado
- AS ABELLAS E O MEL.
domingo, 26 de mayo de 2024
lunes, 13 de mayo de 2024
A Casa Museo do Chocolate, no centro penitenciario de Pereiro.
Grata xornada a que compartimos cos internos no salón de actos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, a quenes lles explicamos a historia da vella fábrica de chocolate de Teimende (Parada de Sil), hoxe convertida na Casa Museo do Chocolate. Contamos como foron as súas orixes, os ingredientes utilizados na elaboración do produto, a maquinaria empregada, o procso de fabricación e comercialización, así como o que supuxo máis alá do negocio para o pobo e o seu entorno nun tempo cheo de dificultades e carencias socioeconómicas.
Queremos suliñar e agradecer o absoluto silencio e respecto amosado polo nutrido grupo de asistentes durante a exposición, que rematou coa entrega de chocolatinas para a súa degustación.
martes, 7 de mayo de 2024
Alumnado de 2º de EP do colexio de prácticas aprenden os ingredientes do chocolate.
Despois de coñecer os ingredientes para a elaboración do chocolate, o alumnado de 2º de EP do Colexio de prácticas visualizaron un vídeo das máquinas que hai na Casa Museo de Teimende. Puderon probar o cacao e remataron coa degustación dunha chocolatina.
O alumnado de 3º da ESO de Salesianos visita a Casa Museo do Chocolate.
O día 29 de abril, o alumnado de 3º da ESO, visita a Ribeira Sacra. A primeira parada é na Casa Museo do Chocolate de Teimende. Alí coñecen os ingredientes para a elaboración do chocolate, a historia da fábrica e observan o funcionamento das máquinas.
domingo, 28 de abril de 2024
Explicación da fabricación do chocolate no Colexio de Prácticas de Ourense.
O día 26 de abril, o alumnado de 4º de EP do colexio de prácticas de Ourense, coñeceron a procedencia do cacao, as mazorcas, a árbore do cacao e as súas características, así como os ingredientes necesarios para facer o chocolate. Probaron o cacao e remataron cunha chocolatina.
domingo, 21 de abril de 2024
A asociación cultural Vía Vella visita a Casa Museo do Chocolate.
A asociación cultural Vía Vella organizou unha viaxe de interese paisaxístico e cultural pola Ribeira Sacra. Non faltou a visita á Casa Museo de Chocolate onde puderon coñecer os ingredientes do chocolate así como o proceso de elaboración.
A casa museo do chocolate no programa "Cousas de comer"
Dentro do programa "COUSAS DO COMER" falaron da fábrica de chocolates Caldelas, hoxe convertido en Casa Museo.
Empeza no minuto 20:20.
https://www.teleminho.com/vide

















