sábado, 2 de noviembre de 2019

Propietarios de coches antigos visitan o museo

O día 27 de Outubro, os propietarios de coches antigos  de Dacón visitaron a Ribeira Sacra e dentro desta visita estaba o museo do chocolate.
Loli Casares explicou os  ingredientes, elaboración e distribución  dos chocolates Caldelas.
Remataron coa degustación de chocolate.






martes, 9 de julio de 2019

CRA DE MONTERREI

O último obradoiro que fixemos este curso sobre a elaboración do chocolate foi o día 12 de Xuño no CRA de Monterrei.
O alumnado das diferentes escolas unitarias observaron os ingredientes necesarios para facer o chocolate así como os diferentes tipos de moldes.




martes, 2 de julio de 2019

CEIP Mosteiro-Bembrive

O colexio de Mosteiro está en Bembrive, nos arredores de Vigo. Ata alí foi Loli Casares para explicar a todo o alumnado do centro cales son os ingredientes precisos para a elaboración do chocolate e todos os pasos para a súa elaboración. 
Rematou coa degustación de chocolate, agasallo do concello de Parada de Sil.


domingo, 24 de marzo de 2019

Visita ao cole dos Maristas en Ourense

O día 20 de Marzo, fomos ao cole dos Maristas para explicar a elaboración do chocolate na nosa fábrica e hoxe convertida en casa-museo de Teimende.
A explicación fíxose nos cursos de 1º e 2º, En breve visitarán a casa museo e poderán ver as máquinas que empregábamos para facelo.




martes, 12 de marzo de 2019

Visita ao CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Moi interesante resultou hoxe a xornada no CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Unha vez máis, o alumnado deste centro pudo coñecer os ingredientes que se necesitan para facer o chocolate e as máquinas que hai no museo de Teimende.
Moitas grazas a todo o alumnado e ao profesorado pola extraordinaria acollida.