viernes, 8 de diciembre de 2017

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE NA TVG.
Na TVG e dentro do programa A REVISTA, aparece a casa museo de chocolate. 
Unha pequena historia da fábrica e un recordo ao noso pai.
Empeza no minuto 38 máis ou menos e remata no minuto 42.

sábado, 4 de noviembre de 2017

VISITA AO MUSEO DO CHOCOLATE

Un grupo de 90 persoas da universidade de Vigo fixeron unha andaina pola Ribeira Sacra.
Despois da camiñata remataron facendo unha visita ao museo do chocolate e terminaron cunha chocolatada acompañada de bica.




domingo, 1 de octubre de 2017

EXTRACIÓN DO MEL

Chegado o mes de Agosto e rematada a tempada estival, é momento de sacar o mel.
Despois de vestirnos cos traxes apropiados e os aparellos precisos imos ao colmear: 
1. Sacamos os paneis das alzas e levámolos para a nave de extracíon.
2. Desoperculamos (quitar a cera que cubre ao panal)
3. Metemos os paneis na máquina de extración.
4. Botamos o mel no decantador.

lunes, 5 de junio de 2017

Os nenos e nenas do C.E.I.P. de Seixalbo visitan a casa museo

O alumnado de 2º do CEIP plurilingüe de Seixalbo visitou o museo de chocolate. A explicación foi levado a cabo por Loli Casares. Alí puderon ver os ingredientes necesarios para fabricar o chocolate así como as máquinas coas que se elaboraba.





Casa Museo do Chocolate de Teimende

A casa museo do chocolate está ubicada no concello de Parada de Sil, no lugar de Teimende.
Era a antiga fábrica de chocolates Caldelas.