martes, 14 de octubre de 2025

A representación dos Bolechas sae na prensa

Faro de Vigo







Representación dos Bolechas na casa do Chocolate de Teimende

O día 11 de Outubro  houbo na Casa do Chocolate de Teimende unha actividade que consistíu na posta en escea  sobre o libro dos Bolechas: "Lembranzas con sabor a chocolate".

Nesta teatralización participaron un grupo de actores aficionados así como nenos de Parada de Sil. Houbo dous pases: ás 12:00 e ás 17:00, onde se contaba as raíces aztecas do cacao, o seu camiño cara a Europa e  a chegada do chocolate  a Teimende da man de Pedro Casares.

















miércoles, 8 de octubre de 2025

Lembranzas con sabor a chocolate.

Lembranzas con sabor a chocolate é o título do libro dos BOLECHAS, que conta a historia de fábrica de Chocolates Caldelas.




Lembranzas con sabor a chocolate en Tele Miño

Presentación do libro no Liceo de Ourense.


 




Visita á Casa do Chocolate da fundación Juan Soñador

O día 4 de outubro a fundación Juan Soñador visita a Casa do Chocolate. Foron recibidos polo alcalde de Parada de Sil e a continuación Rosa Casares explicoulles os ingredientes necesarios para a fabricación do chocolate, as máquinas necesarias e todo o que supuxo a fábrica para o pobo de Teimende. Ao rematar tomaron chocolate con galletas feitas artesanalmente nas que se podía ler Casa do Chocolate.