Páginas
- Quen somos
- Páxina principal
- Da fábrica a Casa do Chocolate
- A Casa do Chocolate hoxe
- O que se dí da Casa do Chocolate
- A historia do chocolate
- Promoción chocolate e mel
- O colmear
- O mel na historia
- Actividades relacionadas co mel
- Produtos da colmea
- Propiedades do mel
- Apicultura urbana
- A nosa cosmética.
- Contactos
- Explicación para o alumnado
- AS ABELLAS E O MEL.
- Somos apicultores.
domingo, 1 de junio de 2025
sábado, 31 de mayo de 2025
O alumnado do colexio Terras de Maside visita a Casa do Chocolate.
Centro de Educación Especial Miño
O día 30 visitamos o CEE Miño de Velle. Unha nova experiencia con nenos e nenas que teñen moitas dificultades pero a través dos sentidos puderon descubrir o olor do cacao, tocar unha semente e degustar un trociño de chocolate.
viernes, 23 de mayo de 2025
Alumnado de Infantil do CEIP plurilingüe de Monforte
O día 22 de maio foi a 4º e última xornada no CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos. Foi co alumnado de Educación Infantil que foron recibidos cun disfraz de chocolate. Todos os sentidos foron empregados nesta actividade. Rematamos cunha canción do chocolate e unha pequena degustación do mesmo. Unha actividade moi dinámica na que disfrutamos moito. GRAZAS!!!!
miércoles, 21 de mayo de 2025
Visita ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Bicos de Papel é unha asociación que brinda apoio á infancia oncolóxica de Galicia e ás súas familias. O día 21 de maio, visitamos o hospital Álvaro Cunqueiro e estuvemos con estos nenos/as para axudarlles a pasar un ratiño diferente falando do chocolate e facendo xogos.
Visita do alumnado dos Salesianos
O día 20, o alumnado de 3º da ESO dos Salesianos, visitaron a Casa do Chocolate de Teimende. A visita foi levada a cabo por Loli, onde puderon ver os ingredientes e a maquinaria que empregaban para facer o chocolate.
lunes, 19 de mayo de 2025
Seguimos en Monforte coa 3º xornada e nos cursos 1º e 2º
O día 15 fixemos a 3º xornada co alumnado de 1º e 2º. Coñeceron os ingredientes básicos do chocolate, as máquinas para elaboralo pero tamén fixemos moitos xogos relacionados co chocolate.
domingo, 11 de mayo de 2025
2º xornada chocolateira no colexio de Monforte de Lemos
O día 8 de maio fixemos a 2º xornada chocolateira no CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos. Foi co alumnado de 3º e 4º, que mostraron unha grande curiosidade e interese.
domingo, 4 de mayo de 2025
CEIP plurilingüe de Monforte de Lemos.
O día 2 de maio visitamos o ceip plurilingüe de Monforte de Lemos e estuvemos co alumnado de 5º e 6º de E.P. para que coñeceran os pasos necesarios para e os ingredientes para facer o chocolate.
domingo, 13 de abril de 2025
Última xornada no Calvo Sotelo do Carballiño
O día 11 de abril rematamos co alumnado de 4º de EP. Ademais dos ingredientes do chocolate observaron a importancia do esforzo, la loita, da curiosidade... que se precisa para conseguir aquelo que queremos.
Visitamos ao alumnado de infantil do CPI Terras de Maside.
Explicación ao alumnado de 3º do Calvo Sotelo do Carballiño
viernes, 21 de marzo de 2025
lunes, 17 de marzo de 2025
Explicación ao alummado de 5º do CEIP plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño
CONGRESO DE UVIGO
O día 15 de marzo un grupo de Congresistas do congreso CODI de Transferencia e Divulgación da Ciencia en Ourense, organizado pola UVIGO, visitan a Casa do Chocolate de Teimende. A explicación foi levada a cabo por Rosa Casares Prieto, filla do chocolateiro Ricardo Casares.