Despois de coñecer e experimentar os ingredientes do chocolate, o alumnado acompañado de profesores/as, visitou a Casa Museo do Chocolate de Teimende onde puderon ver as máquinas para a fabricación do chocolate. Ao final, unha merecida chocolatina como agasallo.