domingo, 21 de abril de 2024

A asociación cultural Vía Vella visita a Casa Museo do Chocolate.

 A asociación cultural Vía Vella organizou unha viaxe de interese paisaxístico e cultural pola Ribeira Sacra. Non faltou a visita á Casa Museo de Chocolate onde puderon coñecer os ingredientes do chocolate así como o proceso de elaboración.



A casa museo do chocolate no programa "Cousas de comer"

 Dentro do programa "COUSAS DO COMER" falaron da fábrica de chocolates Caldelas, hoxe convertido en Casa Museo.

Empeza no minuto 20:20.

https://www.teleminho.com/video/cousas-de-comer/cousas-comer-94-24/20240411091553049186.html



jueves, 22 de febrero de 2024

Como se fai o chocolate?

O alumnado de E.I. do colexio Ben Cho Shey disfrutaron dunha xornada de aprendizaxe sobre a elaboración do chocolate, levada a cabo por Loli Casares. Coñeceron os ingredientes, probaron o sabor do cacao e remataron coa degustación do chocolate.




martes, 6 de febrero de 2024

Reunión do Consello Asesor da Casa Museo de Chocolate

O Consello Asesor da Casa Museo do Chocolate reuniuse o dia 2 de Febreiro  para dar luz verde ao plan museolóxico entre outros acordos. Esta reunión levouse a cabo no Concello de Parada de Sil coa asistencia de todos os membros.
Publicación do periódico "La Región".

domingo, 5 de noviembre de 2023

Visitan a Casa Museo de Chocolate científicos de diferentes países.

Un grupo de científicos  procedentes de diferentes países (Kazaxistan, Rusia, Nixeria, Italia, Uzbequistán, Estados Unidos, Rumanía...)  reuníronse en Ourense con motivo  do 74º Congreso Científico Internacional "BALNEOTERAPIA DEL FUTURO".  Aproveitaron tamén para visitar a Ribeira Sacra e en particular  a Casa Museo do Chocolate de Teimende.