Como cada ano e chegado o mes de agosto, toca recoller o mel. O cambio climático tamén afecta a estos "animaliños " tan sensibles e eso repercute na colleita.
Páginas
domingo, 12 de septiembre de 2021
lunes, 6 de septiembre de 2021
martes, 27 de julio de 2021
A escritora Raquel Piñeiro inclúe a Casa Museo do Chocolate de Teimende e á familia Casares na novela “Albania”, a súa ópera prima
A carballiñesa Raquel Piñeiro, afincada dende hai anos en Zaragoza, acaba de publicar a súa primeira novela, titulada “Albania”, que se atopa en fase de promoción e que está obtendo unha excepcional acollida entre os lectores. Trátase da ópera prima da autora, que aproveitou a trama narrativa para facer incursións en mundos distintos e distantes, que van dende a menesterosa Albania de finais do século XX, ao mar Adriático ou a O Carballiño, lugar de berce da escritora. Ese orixinal mundo de ficción acolle tamén a Casa Museo do Chocolate de Teimende e a parte da familia Casares, herdeira de Ricardo Casares e depositaria dunha actividade que marcou á saga durante máis dun século no corazón da Ribeira Sacra. Curiosamente, a familia Casares e o propio espazo museístico son alleos á sua presenza no escenario do fío argumental de “Albania”, froito do traballo de documentación da narradora e as suas vivencias. Finalmente, a casualidade, permitiu que Raquel Piñeiro poidese coñecer ás fillas do último chocolateiro de Teimende poidesen coñecerse e manter un grato e froitífero encontro, ampliando ideas e conceptos e explicando a orixe de cuestións que colmaron a inquedanza e curiosidade da novelista e que quedou inmortalizado para a pequena historia do Museo.
viernes, 23 de julio de 2021
Visitan o museo nenos/as do campamento
A semana pasada, un grupo de nenas/os dun campamento de Ourense, visitan a casa-museo do chocolate. Alí reciben unha explicación, da man de Fernando, da elaboración do chocolate, así como as diferentes máquinas que se empregaban para a fabricación dos chocolates "Caldelas". Remataron cunha degustación de chocolate.
martes, 29 de junio de 2021
Visita á casa museo
O venres, unha pequena representación de Seixalbo visitaron a casa museo do chocolate. Rosa, que é amiga delas, fíxolles a visita.
miércoles, 19 de mayo de 2021
O museo do chocolate no programa: "Fun polo aire"
No programa "fun polo aire" hai que descubrir cal é a vila oculta. Dan varias pistas e unha delas é a CASA MUSEO DO CHOCOLATE. Esta pista comeza no minuto 41.
domingo, 25 de abril de 2021
De flor en flor
Así de floridos están os soutos e non poden faltar as abellas recolectando o polen para a elaboración do mel.
Unha visita especial
O 18 de abril visitaron a casa museo do chocolate ex-alumnos e as súas familias polas que sinto un gran cariño.