Páginas

Promoción chocolate e mel

A promoción era un elemento imprescindible na estratexia comercial de Ricardo Casares. Primeiro ensaiaba ideas e mensaxes a lápiz ou bolígrafo sacados do seu agudo inxenio e que poñía sobre o papel; unha vez madurado o proceso, pasaban a impresión para o seu reparto dando a coñecer as bondades do seu produto. Eso valía para o chocolate, pero tamén para o mel excepcional do colmear que con tanto esmero coidaba nos Fiós.







No hay comentarios:

Publicar un comentario