O noso colmear atópase na Ribeira Sacra, no pobo dos Fiós, rodeado de moita vexetación: UCES (calluna vulgaris L.), XESTAS (cytisius scoparius L.), TOXOS (ulex europaeus) e CASTIÑEIROS.
As albarizas.
As albarizas son recintos circulares ou ovalados cerrados e de certa altura, dotadas dunha entrada que se cerraba mediante unha sinxela porta de madeira.
As albarizas estaban feitas con lascas que se recollían nos arredores.
A superficie interna ordenábase en largas e estreitas terrazas escalonadas onde se colocaban as colmeas.
Abundan na serra do Courel.
As abellas son paradigma de organización e laboriosidade. No vídeo pode observarse como chegan á colmea cargadas de pole para transformalo en mel, propóleo ou xalea real. Atendelas e coidalas con amor e agarimo estimula as suas funcións.
gene-tonic.blogspot.com |
No hay comentarios:
Publicar un comentario