Para a cosmética empregamos productos fabricados polas nosas abellas.
Son totalmente
naturais e artesanais,
sen ser sometidos a ningún proceso que altere as súas propiedades orixinais.
O mel
O uso do mel como produto curativo externo e interno
coñécese o seu uso dende o antiguo Exipto. Os sabios gregos e romanos -como
Galeno- utilizaban o mel como cosmético, así como para curar feridas ou problemas de
estómago. Tamén o usan os árabes dende a antigüidade . O seu uso foi común en
case todas as culturas ata a introducción dos antibióticos que provocou o seu
decaemento.
Dende o punto de vista cosmético ten fortes propiedades como
antioxidante , antibacteriano (sobre todo os meles escuros e densos como o de
castiñeiro) e cicatrizante.
O própole
No século XIX os habitantes do territorio que actualmente
ocupa Sudáfrica utilizaban o própole para a curación de feridas. O própole son
resinas producidas por algúns arbustos e árbores para protexer as xemas do ataque de
bacterias, fungos e insectos. As abellas recólleno, mestúrano con cera e úsano
como elemento sanitario.
A cera
É unha graxa que provén da secreción de oito glándulas ubicadas no abdome da abella. É cicatrizante,
antiinflamatoria e protexe a pel. Ten un alto contido de vitamina A.
Está especialmente indicada para o coidado da pel seca e
desvitalizada, xa que limpa, suaviza e alimenta a dermis previndo o
avellantamento cutáneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario