O día 21 de Setembro visitaron a Casa do Chocolate unhas primas de Parada de Sil que viñan acompañadas de familiares. A explicación foi feita por Loli. Todo un placer poder facelo.
Páginas
▼
▼
domingo, 28 de septiembre de 2025
miércoles, 17 de septiembre de 2025
Día mundial do chocolate.
O día 13 de setembro, celébrase o día mundial do chocolate e a Casa do Chocolate de Teimende celebrouno "a lo grande" co día de portas abertas e con degustación de chocolate e galletas. Houbo unha gran resposta por parte do público.
Cartel anunciando o día do chocolate
Extracción do mel 2025
Como en anos anteriores e unha vez finalizada a época do verán e da flor, recollemos o mel. Este ano foi o día 30 de agosto. Os pasos son sempre os mesmos: recoller os panais nas alzas das colmeas, desopercular, introducir na máquina de extracción do mel e deixar decantar antes de envasar.













