Páginas

jueves, 30 de mayo de 2024

Alumnado do CEIP As Mercedes

Theobroma cacao, é o nome científico que recibe a árbore do cacao, ingrediente principal para facer o chocolate.

Todo esto e máis, foron o que aprenderon o alumnado de 3º de EP e os de 6º de EI do CEIP  As Mercedes de Ourense. Ao remate desgustaron unha chocolatina da Casa Museo do Chocolate.


domingo, 26 de mayo de 2024

Unha asociación de Chantada visita a Casa Museo do Chocolate

O día 18 de maio, unha asociación de Chantada, entre eles, un grupo de pandeireta, visitan a Ribeira Sacra  e entre eles a Casa Museo. Puderon ver os ingredientes do chocolate,  o funcionamento das máquinas  e os pasos necesarios para a elaboración do mesmo. 



lunes, 13 de mayo de 2024

A Casa Museo do Chocolate, no centro penitenciario de Pereiro.

Grata xornada a que compartimos cos internos no salón de actos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, a quenes lles explicamos a historia da vella fábrica de chocolate de Teimende (Parada de Sil), hoxe convertida na Casa Museo do Chocolate. Contamos como foron as súas orixes, os ingredientes utilizados na elaboración do produto, a maquinaria empregada, o procso de fabricación e comercialización, así como o que supuxo máis alá do negocio para o pobo e o seu entorno nun tempo cheo de dificultades e carencias socioeconómicas. 

Queremos suliñar e agradecer o absoluto silencio e respecto amosado polo nutrido grupo de asistentes durante a exposición, que rematou coa entrega de chocolatinas para a súa degustación.



martes, 7 de mayo de 2024

Alumnado de 2º de EP do colexio de prácticas aprenden os ingredientes do chocolate.

Despois de coñecer os ingredientes para a elaboración do chocolate, o alumnado de 2º de EP do Colexio de prácticas visualizaron un vídeo das máquinas que hai na Casa Museo de Teimende. Puderon probar o cacao e remataron coa degustación dunha chocolatina.


O alumnado de 3º da ESO de Salesianos visita a Casa Museo do Chocolate.

O día 29 de abril, o alumnado de 3º da ESO, visita a Ribeira Sacra. A primeira parada é na Casa Museo do Chocolate de Teimende. Alí coñecen os ingredientes para a elaboración do chocolate, a historia da fábrica e observan o funcionamento das máquinas.