Un grupo de científicos procedentes de diferentes países (Kazaxistan, Rusia, Nixeria, Italia, Uzbequistán, Estados Unidos, Rumanía...) reuníronse en Ourense con motivo do 74º Congreso Científico Internacional "BALNEOTERAPIA DEL FUTURO". Aproveitaron tamén para visitar a Ribeira Sacra e en particular a Casa Museo do Chocolate de Teimende.
Páginas
domingo, 5 de noviembre de 2023
jueves, 19 de octubre de 2023
domingo, 15 de octubre de 2023
Visita do alumnado do Colexio dos Maristas á Casa Museo do Chocolate de Teimende
Ingredientes do chocolate.
Espertando os sentidos ao alumnado de 1º e 2º do colexio de Maristas con motivo da visita que farán á Casa Museo do Chocolate de Teimende.
domingo, 18 de junio de 2023
Visita de estudantes de EEUU ao Museo de Chocolate de Teimende
Un grupo de estudiantes universitarios de Michigan (EE.UU.), que se atopan en Ourense participando nun programa lúdico-formativo para aprender e familiarizarse co idioma español, visitaron o domingo o Museo do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, acompañados das familias que os acollen durante a sua estancia en Ourense. Alí recibiron información sobre a historia da antiga fábrica do chocolate sobre a que se asentou o actual museo, así como sobre a procedencia das materias primas que contiña o chocolate, así como sobre o proceso de elaboración do mesmo. A explicación correu a cargo de Rosa Casares, filla do último chocolateiro e unha das cesionarias do inmoble e a maquinaria da antiga fábrica ó concello de Parada para a sua conversión en casa museo.
Os alumnos escoitaron con interés a curiosa historia da fábrica e tamén do traballo para transformar o cacao e demáis ingredientes precisos en chocolate. Unha estudante contou que unha sua avoa, orixinaria de Jamaica, contaba como tamén o facía de xoven no seu país de xeito artesanal. Ó remate da visita, mercaron chocolate para levar para familiares amigos no seu país.
miércoles, 26 de abril de 2023
Colexio CEIP plurilingüe O Couto
O CEIP plurilingüe de O Couto, está traballando o proxecto "Coñecendo a Ribeira Sacra" e con tal motivo Rosa, foi ao centro para explicar os ingredientes necesarios para a elaboración do chocolate e a posterior conversión en Casa Museo de Chocolate.
jueves, 30 de marzo de 2023
No colexio Santo Ángel
Rosa, dando a coñecer o Casa Museo do Chocolate, no colexio Santo Ángel. Despois da explicación, degustaron o chocolate.
domingo, 12 de marzo de 2023
Coñecendo o entorno.
O sábado 11 de Marzo, nenos/as do Concello de Parada de Sil, así como os seus familiares, visitaron a Casa Museo de Chocolate de Teimende, onde puderon ver as máquinas e os utensilios que se empregaban para a elaboración artesá dos Chocolates Caldelas. Remataron coa degustación de chocolate e bica.