Páginas

domingo, 25 de noviembre de 2018

Visita ao cole do Piñeiriño (Vilagarcía)


Co afán de seguir promocinando a casa museo do chocolate en Teimende, seguimos visitando colexios. Esta vez foi o colexio Piñeiriño de Vilagarcía. Alí o alumnado de segundo coñeceo os ingredientes que se precisan para facer o chocolate e as máquinas que se empregaban para elo e que agora están no museo.
Remataron cunha degustación de chocolate.

viernes, 6 de julio de 2018

Asociación amigos dos museos de Ribadavia visitan a Casa Museo do Chocolate

Rosa explica á asociación amigos dos museos de Ribadavia as máquinas que hai no museo e que se empregaban para a fabricación do Chocolate Caldelas.

Explicación dos ingredientes do chocolate e a súa elaboración no CPI Terras de Maside.

O día 22 de Maio visitamos o CPI de Maside para explicar ao alumnado cales son os ingredientes precisos para facer o chocolate e cómo se levaba a cabo na fábrica de Chocolates Caldelas (hoxe convertida en Casa Museo).
Unha vez rematada a explicación probaron o chocolate.    
    

sábado, 3 de marzo de 2018

Que rico o chocolate!!!

O alumnado do CPI de Mondariz aprenden os ingredientes que se precisan para a fabricación do chocolate e a continuación unha pequena degustación do chocolate da Casa Museo de Teimende.


Como se fai o chocolate?

Rosa Casares explica ao alumnado de Allariz  os ingredientes e os pasos necesarios para a elaboración do chocolate. Explica tamén a evolución dos chocolates Caldelas, hoxe convertido en Casa Museo.